8 DE MARZO DÍA DA MULLER                  

Hoxe celebramos o día da muller, e queremos salientar neste día a tódalas mulleres TEA.

Os estudos científicos con respecto o TEA están moi adiantados, pero aínda quedan moitas lagoas por resolver é unha delas é o diagnóstico na muller TEA  a idades temperás.

Os estudos revelan que é máis frecuente o TEA en nenos que en nenas, isto non é de todo real, debido a que as nenas TEA existen, pero son diagnosticadas moi tardíamente, porque elas mesmas desenrolan unha capacidade asombrosa de imitación os seus iguais e de camuflaxe de tódala sintomatoloxía, para unha maior integración e aceptación social.

Aínda a día de hoxe na nosa sociedade existe unha enorme desigualdade social en canto a xénero se refire, para canto máis para unha muller TEA que vive continuamente coa preocupación de ocultar as suas características, ou vergoña dos seus comportamientos e peculiaridades propiamente da sua condición.

É moi importante saber que non é unha enfermidade é unha forma de ser, nin mellor nin peor, simplemente distinta. As cualidades innatas que o ser humán ten frecuentemente, no caso do autismo teñen que ilas adquirindo o longo dos anos, con axuda terapéutica e en moitos casos tamen farmacolóxica, obtendo como resultado unha reducción significativa dos comportamentos inadaptados interferintes e dos síntomas dos distintos trastornos psiquiátricos que poidan asociarse, como poden ser a ansiedade, a depresión e trastornos alimentarios , son trastornos interiorizados e unha das diferencias co home TEA, que os presenta máis externos como poden ser a hiperactividade ou a irritabilidade.

Necesitamos urxentemente unha boa campaña de psicoeducación sociocultural e rematar coa desinformación e os pensamentos equívocos que moito público ten do TEA.

QUERO ADICAR ESTE POST A TÓDALAS MULLERES EN ESPECIAL AS MULLERES TEA PARA QUE SIGAN LOITANDO POLO SEU RECOÑECEMENTO, QUE NON SE RINDAN, QUE MERECEN SER FELICES, QUE NON SON ELAS AS QUE TEÑEN QUE CAMBIAR É A SOCIEDADE A QUE DEBE FACELO, PARA UNHA BOA CONVIVENCIA CON TOD@S!!!!!!

                           ¡¡¡¡¡DISFRUTADE DO DÍA DA MULLER!!!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario