INAUGURACIÓN DOS PRIMEIROS PICTOGRAGRAMAS NOS PASOS DE PEÓNS CON HUGO SANMARTÍN EN TEO

                                  


 




O día 2 DE ABRIL foi o  DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
e dende a nosa asociación preparamos unha campaña de visibilización bastante importante, pero non estivemos sós, tivemos moitas colaboracións entre elas cabe destacar o traballo  da Concellería de Educación e Cultura, os Servizos Sociais de Teo, e o futbolista do SD Compostela Hugo Sanmartín.
Esta campaña, baixo o lema "TEO co TEA", púdose visibilizar nas parcartas expostas nos centros educativos, así como no propio concello, e tamén na pantalla luminosa en Cacheiras, traballo realizado pola Concellería de Educación e Cultura, pola outra banda os Servizos sociais iluminaron o concello de azul, o día sinalado, e fixo divulgación nas redes sociais de vídeos curtos, nos que participaron entre eles unha traballadora social, o equipo de orientación do CEIP. A Ramallosa, o pai dun neno TEA, o Servizo de Atención Temperá  de Teo, e tamén o noso propio vídeo.


E continuamos coa campaña de visibilización en  Teo, porque pensamos que o día 2 de Abril é unha simple fecha de conmeración e concienciación do Autismo, que está moi ben sinalar ese día, pero consideramos que é de especial importancia traballar ao longo de todo ano e poder chegar a través da nosa asociación, coa axuda das redes sociais, a canta máis xente mellor.
E por iso nos pareceu unha moi boa idea, invitar a Hugo Sanmartín á inauguración dos primeiros pictogramas, pintados nos pasos de peóns de Teo. Él  é futbolista, escritor, e creador do blog "El viaje de Hera", onde fala do día a día da sua filla e dá visibilidade ao autismo, porque hai moita incertidume e descoñecemento na sociedade, ó respecto. Este evento organizámolo conxuntamente coa Concellería de Educación e Cultura, foi un encontro moi agradable, a verdade non podemos estar máis contentos.
 Os pictogramas considerámolos fundamentais,  xa non só para as persoas TEA,  senon tamén para  anciáns e xente con dificultades cognitivas, ás que lles custa entendela información viaria.
Nesta publicación amosámosvos algunha imaxe do acto celebrado no día de onte, e como podedes apreciar, temos unhas camisetas que encargamos especialmente para ocasión, e en dito diseño participou tamen a Concellería de Educación e Cultura.
E con esto despedímonos, pero esto non é un adeus senon un deica logo, porque seguimos loitando polos dereitos das persoas TEA.
AGRADECEMOS A TÓDOLOS QUE FIXERON POSIBLE ESTA CAMPAÑA, EN ESPECIAL A MAYTE ARGIBAY E O SEU EQUIPO DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E CULTURA, A IGNACIO IGLESIAS E O SEU EQUIPO  DA CONCELLERÍA DE BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS E A HUGO SANMARTIN QUE QUIXO APORTAR O SEU GRAO DE AREA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario